Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Sesión de maio

Imagen
  UN LOBO DENTRO, o libro mellor valorado.  A lectura que máis gustou de todas os que fixemos durante este curso 2025-26 foi a derradeira. UN LOBO DENTRO foi o máis disfrutado por adultos/as e alumnado por varias razóns: intriga, "enganche" dende a primeira páxina e temática. Jacob é un alumno que sofre acoso escolar durante anos. "Todo empezou cun escaravello" explica o protagonista. Unha casualidade, un xogo de nenos, despois un mote de broma... e remata ilustrando para o lector cómo o acoso na infancia pode transformar ás persoas e influir na súa conduta social e benestar emocional ao longo de toda a vida.  Un libro algo duro mais recomendado polos integrantes do club como lectura de verán.

UN LOBO DENTRO. O noso libro do mes de maio

Imagen
  UN LOBO DENTRO, de Pedro Mañas, foi o libro escollido polos alumnos/as pertencentes ao club para este mes. Gustará? De momento quen o empezou asegura estar "enganchado". A temática é o acoso escolar, un tema moi complexo na realidade de toda comunidade educativa.  A vindeira sesión é o día 28 de maio, comentarémolo con grande interese.

Libro de Abril: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE.

Imagen
  O curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, encantounos. O alumnado do club Ratos de Bilioteca recoméndao a calquera persoa que desexe ler un libro interesante e, ao mesmo tempo, aprender sobre o trastorno do espectro autista. O protagonista ve o mundo baixo o filtro de dita neurodiverxencia, polo cal conta a súa maneira de percibir e sentir a súa contorna dun xeito moi especial e abrumador. Na sesión en que comentamos o libro, o pasado 30 de Abril, non contamos cos adultos que forman parte do club xa que por diversas razóns non puideron asistir. Terán unha opinión tan positiva do libro? na sesión de Maio preguntarémoslles.