Sesión de maio


 

UN LOBO DENTRO, o libro mellor valorado. 

A lectura que máis gustou de todas os que fixemos durante este curso 2025-26 foi a derradeira. UN LOBO DENTRO foi o máis disfrutado por adultos/as e alumnado por varias razóns: intriga, "enganche" dende a primeira páxina e temática.

Jacob é un alumno que sofre acoso escolar durante anos. "Todo empezou cun escaravello" explica o protagonista. Unha casualidade, un xogo de nenos, despois un mote de broma... e remata ilustrando para o lector cómo o acoso na infancia pode transformar ás persoas e influir na súa conduta social e benestar emocional ao longo de toda a vida. 

Un libro algo duro mais recomendado polos integrantes do club como lectura de verán.


Comentarios

Entradas populares de este blog

5º Reunión

7º Reunión(última)

6º Reunión