Entradas

Sesión de maio

Imagen
  UN LOBO DENTRO, o libro mellor valorado.  A lectura que máis gustou de todas os que fixemos durante este curso 2025-26 foi a derradeira. UN LOBO DENTRO foi o máis disfrutado por adultos/as e alumnado por varias razóns: intriga, "enganche" dende a primeira páxina e temática. Jacob é un alumno que sofre acoso escolar durante anos. "Todo empezou cun escaravello" explica o protagonista. Unha casualidade, un xogo de nenos, despois un mote de broma... e remata ilustrando para o lector cómo o acoso na infancia pode transformar ás persoas e influir na súa conduta social e benestar emocional ao longo de toda a vida.  Un libro algo duro mais recomendado polos integrantes do club como lectura de verán.

UN LOBO DENTRO. O noso libro do mes de maio

Imagen
  UN LOBO DENTRO, de Pedro Mañas, foi o libro escollido polos alumnos/as pertencentes ao club para este mes. Gustará? De momento quen o empezou asegura estar "enganchado". A temática é o acoso escolar, un tema moi complexo na realidade de toda comunidade educativa.  A vindeira sesión é o día 28 de maio, comentarémolo con grande interese.

Libro de Abril: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE.

Imagen
  O curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, encantounos. O alumnado do club Ratos de Bilioteca recoméndao a calquera persoa que desexe ler un libro interesante e, ao mesmo tempo, aprender sobre o trastorno do espectro autista. O protagonista ve o mundo baixo o filtro de dita neurodiverxencia, polo cal conta a súa maneira de percibir e sentir a súa contorna dun xeito moi especial e abrumador. Na sesión en que comentamos o libro, o pasado 30 de Abril, non contamos cos adultos que forman parte do club xa que por diversas razóns non puideron asistir. Terán unha opinión tan positiva do libro? na sesión de Maio preguntarémoslles. 

O noso libro do mes de marzo: A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE

Imagen
O pasado 18 de Marzo reunímonos para comentar o libro A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE. As opinións foron variadas, mais todos declarámonos moi fans do avó de Calpurnia, quen contaxiou á súa neta a paixón pola observación científica da natureza propia dos naturalistas do século XIX.  

Os nosos amenos ratos de biblioteca continúan!

Imagen
Durante os meses de outubro, novembro, decembro de 2025 e febreiro de 2026 o club de lectura Ratos de Biblioteca levou a cabo catro sesións moi amenas nas que comentamos tres libros: Planeta Xúpiter, de Ledicia Costas, Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila e Cuento de Navidad, de Charles Dickens. Libros moi diferentes que nos fixeron tratar temas complexos e delicados como os riscos das redes sociais, o suicidio ou as segundas oportunidades. Uns problemiñas técnicos xa solucionados fixeron que non puideramos postear no noso blog, mais estade atentos! continuamos coa nosa andaina.

7º Reunión(última)

Imagen
 O martes 27 de maio os membros do club de lectura Ratos de Biblioteca reunironse para comentar a última lectura deste curso que é  " La muy catastrófica visita al zoo"   de Joël Dicker. Esta vez a coordinadora convidounos a unhas galletas e un colacao. Por parte dos membros presentes a mellor lectura do curso foi esta última. O club de lectura foi todo un éxito un ano máis. Moitas grazas a todos por participar!!

6º Reunión

Imagen
Martes 6 de maio de 2025 Os membros do club de lectura xuntaronse na biblioteca do centro para comentar a opinión sobre o libro que tiveran que leer (" Arrugas" de Paco Roca ) e indagar un pouco sobre o libro " La muy catastrófica visita al zoo" de Joël Dicker que vai ser a lectura que acompañe aos lectores no mes de maio.