Libro de Abril: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE.
O curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, encantounos. O alumnado do club Ratos de Bilioteca recoméndao a calquera persoa que desexe ler un libro interesante e, ao mesmo tempo, aprender sobre o trastorno do espectro autista. O protagonista ve o mundo baixo o filtro de dita neurodiverxencia, polo cal conta a súa maneira de percibir e sentir a súa contorna dun xeito moi especial e abrumador.
Na sesión en que comentamos o libro, o pasado 30 de Abril, non contamos cos adultos que forman parte do club xa que por diversas razóns non puideron asistir. Terán unha opinión tan positiva do libro? na sesión de Maio preguntarémoslles.

Comentarios
Publicar un comentario