Entradas

7º Reunión(última)

Imagen
 O martes 27 de maio os membros do club de lectura Ratos de Biblioteca reunironse para comentar a última lectura deste curso que é  " La muy catastrófica visita al zoo"   de Joël Dicker. Esta vez a coordinadora convidounos a unhas galletas e un colacao. Por parte dos membros presentes a mellor lectura do curso foi esta última. O club de lectura foi todo un éxito un ano máis. Moitas grazas a todos por participar!!

6º Reunión

Imagen
Martes 6 de maio de 2025 Os membros do club de lectura xuntaronse na biblioteca do centro para comentar a opinión sobre o libro que tiveran que leer (" Arrugas" de Paco Roca ) e indagar un pouco sobre o libro " La muy catastrófica visita al zoo" de Joël Dicker que vai ser a lectura que acompañe aos lectores no mes de maio.

5º Reunión

Imagen
  25-03-2025 Os membros do club de lectura xunto coa súa coordinadora reunironse para comentar o libro " Indolente"  de Alberto Mancebo e indagaron un pouco sobre a  lectura proposta este mes, " Arrugas" de Paco Roca, esta vez houbo un cambio no tipo de novela, xa que esta é de novela gráfica.

4º Reunión

Imagen
 Mércores, 18/02/2025 Os membros do club de lectura do CPI Uxío Novoneira, reuníronse para comentar o libro  "Tres luces" de Claire Keegan. Esta vez deronlle a benvida a outros dous membros máis que se apuntaron e viron a película do libro. A próxima lectura é " Indolente" do autor Alberto Mancebo.

3º Reunión

Imagen
 Martes, 21/01/2025 As 15:30h o club de lectura Ratos de Biblioteca tiveron unha 3º reunión para: 1º- Comentar o libro do nadal  " Madonna e outros contos de inverno"    de Manuel Rivas.  2º- Indagar sobre a 3º lectura " T res luces" de Claire Keegan unha escritora irlandesa recoñecida polos seus contos.

2º Reunión

Imagen
Mércores día 18 de decembro de 2024  Os membros do Club de Lectura xuntaronse para expoñer diante do resto dos membros a súa opinión sobre o primeiro libro que se titulaba  " Azucre" . Nesta reunión puideron degustar un chocolate quente. Para rematar Lorena deu a coñecer o segundo libro para leer durante o nadal que se titula " Madonna e outros contos de inverno" do escritor galego Manuel Rivas, que ten como temática o nadal e o inverno. 

1º Reunión

Imagen
Martes día 12 de novembro de 2024  O club de lectura reuniuse por primera vez na biblioteca do centro.  Os membros do club recibiron un pequeno agasallo.  O libro que toca leer durante este mes titulase " Azucre"   de Bibiana Candia.